Entradas populares

lunes, 3 de agosto de 2015

POR QUÉ NO LE GUSTA LEER? PODRÍA SER UNA DISLEXIA.

A DISLEXIA.


QUE É A DISLEXIA?



Dificultade para aprender a ler de forma fluida. Sendo nenos e nenas intelixentes, con motivación e escolarización normais, cóstalles moito a lectura, é lenta e con moitos erros.






         Erros máis comúns:

  • Omisións de letras ou sílabas.
  • Sustitucións (ler unha letra por outra)
  • Inversións (cambiar orde de letras e sílabas)
  • Unión e fragmentación de palabras.
  • Rectificacións, vacilacións e saltos de liña durante a lectura.
  • Por todo esto, a comprensión tamén é mala.
  • É o trastorno específico de aprendizaxe máis frecuente nos escolares, moitas veces causa de fracaso escolar e ten moita influencia no desenvolvemento emocional do neno ou nena e de toda a familia.


CAL É A CAUSA?

Non se sabe a causa na actualidade. Según investigacións é un proceso de índole neurobiolóxico con base xenética.





TEN RELACIÓN CON OUTROS TRASTORNOS?

Moitas veces a dislexia está asociada a outros trastornos:

  • TDAH
  • DISGRAFÍA
  • DISORTOGRAFÍA
  • DISCALCULIA
  • TRASTORNO DO DESENVOLVEMENTO DA COORDINACIÓN.

COMO AXUDAR A UN NENO OU NENA DISLÉXICO?


O primeiro paso ante a dúbida é un bo diagnóstico. Hoxe en día existen probas moi fiables para conseguir un diagnóstico preciso.

O diagnóstico ten que facelo o especialista axeitado: Psicopedagogo, Neuropediatra.



A continuación todas as persoas involucradas na aprendizaxe deben ter coñecemento do diagnóstico, dende os pais e nais, pasando polos mestres e mestras e chegando ao propio neno ou nena.

Ao longo dos primeiros ciclos da Educación haberá un entreno intenso para a adquisición da conciencia fonolóxica, é dicir a correspondencia grafema-fonema.

Para mellorar a lectura o mellor é PRACTICAR. Tendo en conta o esforzo que supón a lectura para un neno ou nena con dislexia, temos que facer fácil a tarefa sen forzar, é necesario que lean as palabras máis veces para poder recoñecelas.

Nos últimos ciclos o tratamento estará baseado en buscar estratexias para compensar as dificultades adaptando a metodoloxía, a avaliación…é dicir darlle máis tempo, uso de programas informáticos, contar menos as faltas de ortografía…


                                                                         ASÍ VEN O TEXTO OS NENOS E NENAS CON DISLEXIA.


OS NENOS E NENAS DISLÉXICOS SINTEN QUE FRACASAN AÍNDA QUE SE ESFORCEN E POR ISO PODEN SENTIR ANSIEDADE, DEPRESIÓN E NALGÚNS CASOS TRASTORNOS DE CONDUCTA.


SEXAMOS COMPRENSIVOS E COMPRENSIVAS, 

O SEU ESFORZO BEN PAGA A PENA.


No hay comentarios:

Publicar un comentario